xoves, 11 de xuño de 2015

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!!!

No noso cole sabemos a importancia que teñen as 3Rs no coidado do medio ambiente:
Reducir
Reutilizar
Reciclar!!!

Mirade que carteis mais chulos fixeron os alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria
para animar a tod@s a coidar do noso medio ambiente!!!


"Recicla"
Ivan e Pablo
5º Primaria
"Non contamines"
Nicolau, Daniela e Elsa
6º Primaria


"Non botar herbicidas"
Brais, Elena e Lucía
6º Primaria
"Pola conservación do medio"
Yamilé, Meadow e Antía
6º Primaria

"Cómo protexer os ecosistemas"
Paula e Candela
6º Primaria

"Utiliza insecticidas naturais"
Alba Glez, Alba Sotelo e Bryan
6º Primaria

"Deixade medrar os peixes"
Nair, Anxo e Alex
6º Primaria

"Como conservar o noso medio natural"
Laura, Yago e Sergio
6º Primaria

"Recicla"
Rita, Alberto e Kevin
6º Primaria


"Para reciclar e non contaminar"
Brais, Francisco, Álex e Dani
5º Primaria

"Axuda a coidar o planeta, só ti podes!"
Aroa, Uxía e Andrea
5º Primaria
"Recicla e o mundo será o teu amigo"
Nerea e Marta
5º Primaria

"Se xuntos reciclamos, o mundo salvamos"
Nhoa
5º Primaria


luns, 8 de xuño de 2015

XA TEMOS INVERNADEIROS

Os alumnos de 1º ESO,  axudados dos seus profes Marta e Roxer  encargáronse da montaxe dos invernadeiros.
     

 Primeiro estudiaron os planos e logo da montaxe











Mirade que ben traballaron!!

ACTO DE AGRADECEMENTO

O CPI Terras de Maside organizou o pasado xoves 30 de outubro do 2014 unha xuntanza cos maiores da Residencia Casa Grande de Maside no noso centro educativo onde participaron 250 alumnos/as de Ed. Infantil, Primaria e Secundaria. 




O motivo era o agradecer a Julia, Lucrecia e Adelaida  o seu traballo coidando do noso horto escolar ecolóxico durante o verán. E por suposto de María José “a directora da residencia” que as subía en coche ata a horta tódolos días,  e ás educadoras sociales Bea e Sheila que colaboraron conxuntamente con elas.  












Tamen se agradeceu a colaboración do IES Vilamarín do PCPI de Agrícolas xa que a súa axuda na preparación do terreo foi fundamental.

Acudiu ao acto o Sr Alcalde Celso xa que o Concello de Maside cedeu o terreno para instalar o horto.
Sen a axuda de todos eles non sería posible que este proxecto medioambiental se levase a cabo e se puidera facer a colleita en setembro das hortalizas e froitas.

No acto presentouse un vídeo onde se podía ver a colaboración interxeracional de nenos, mozos e maiores cun obxectivo común: coidar do horto escolar do CPI Terras de Maside.  

Foi un acto moi emotivo onde o director Luis Veloso Rodríguez  fixo entrega duns agasallos como mostra de agradecemento. Estes agasallos foron elaborados polo alumnado coa colleita da horta: marmelada de pemento, salsa de tomates, uns doces e un portaretratos de recordo. 
Os nenos e nenas d Ed. Infantil acompañados das súas profes animaron o acto co baile “Miña abuela Manuela”.
Aproveitando a celebración do Samaín unha das colaboradoras do horto, Lucrecia,  obsequiou aos presentes coa lectura dunha lenda de medo. Logo fíxose entrega dos premios do concurso de decoración de cabazas.



APRENDEMOS QUE É A COMPOSTAXE

A A
No cole disfrutamos de varias charlas sobre a importancia da compostaxe.


O compost é un fertilizante natural resultado da compostaxe ou descomposición de restos orgánicos.

A compostaxe doméstica sirve para aproveitar as malas herbas e os restos de comida xerados no comedor ou sobras das merendas para producir abono coa fin de usalo para abonar a horta.

Profesorado do IES Vilamarín elaborando o composteiro




Aprendendo a empregar o vermicomposteiro

RECICLAXE SOLIDARIA!!

Xa sabedes que a RECICLAXE é moi importante...pero se ademais é solidaria...moito mellor!!

A asociación   BANTA do Baixo Miño  creou un Banco de recollida de tapóns para axudar a nenos ou nenas galegos con algún tipo de dificultade: motórica, auditiva...


Mais información: http://www.banta.es/

Aquí podedes ver as últimas campañas nas que colaboramos aportando tapóns...