martes, 24 de novembro de 2015

OS MAIORES CELEBRAN O MAGOSTO CONNOSCO

Este ano polos magostos viñeron a visitarnos os maiores da Casa Grande de Maside que axudaron a coidar da horta no verán!!
Ensináronnos unha morea de XOGOS POPULARES!!

O ARO

O ARO

TRUCO

TRUCO

RA


OS BOLOS
CHAVE

A CHAVE

PETANCA

PETANCA


Logo vimos un video do que fixemos na horta durante todo o ano 2015


Como agradecemento pola súa axuda entregámoslle unhas medallas e degustamos PAN DE MILLO

TRUCO













venres, 13 de novembro de 2015

RECICLAXE SOLIDARIA!!!

Este ano tamén podedes enviar tapóns para entregar a Banta que e xa comezou a súa 10ª campaña!!!


Grazas pola vosa colaboración!!
Mais información: www.banta.es
Coa axuda do profe Manuel en Ed. Infantil elaboramos xabón!!



O primeiro foi reciclar 3 LITROS DE ACEITE de fritir patacas e botámoslle distintas follas e flores aromáticas: rosas, limón, aloe vera, margaridas...

Botámolo nunha garrafa de auga baleira e pechamos durante 15-20 días para que macerase e collera un rico aroma...mmmm...

Agora que está listo o xabón filtramos o aceite para eliminar as follas e flores

Despois engadimos ao aceite os seguintes ingredientes:

3 LITROS DE AUGA QUENTE
500 GR. DE TALCO
500 GR. DE SOSA CAUSTICA (MOITO OLLO...SOLO PODEN TOCAR OS ADULTOS)

Hai que remexer ben a mezcla para que non queden grumos....


Logo botámolo nun molde para que seque durante uns días...


E ESTÁ LISTO PARA LAVARNOS BEN!!!

martes, 3 de novembro de 2015

FERTILIZANTES ECOLÓXICOS

O alumnado de ESO coa axuda dos profes Enrique e Ana Belén fixéronnos as seguintes recomendacións de fertilizantes para conseguir que o noso horto sexa ecolóxico: 

Te de cáscara de plátano: Para aportar un extra de potasio as nosas plantas podemos ferver as cascas de 3-4 plátanos con xofre e usar a agua, unha vez fría e diluida, para regar as plantas.
Cinsa de madeira: as cinsas de madeira son ricas en potasio e en fósforo. O fósforo favorece a maduración de frores e froitos, ademáis de potenciar o seu perfume e dulzor. Ademáis a cinsa axuda a previr pragas. Preparar un fertilizante caseiro rico en fósforo é tan simple coma recoller a cinsa da madeira queimada e diluila en auga.

Esterco de polo: é un dos métodos máis tradicionais e moi efectivo polas suas grandes aportacions en nutrintes, especialmente nitróxeno. Para preparar un fertilizante líquido a base de esterco de polo, debemos colocar o estérco dentro dunha tea grosa e pechala, a modo de bolsa de te xigante. Deixamos reposar o esterco nun cubo con auga durante un ou dous días, exprimimos a agua da “bolsa” e coa auga do cubo regamos as plantas.
O mellor esterco é o de vaca.
A base de “malas herbas”: ¿Sabías que as malas herbas do xardín poden proporcionar bo alimento para as plantas? Coloca as herbas sobre unha tea (que servirá de coador) dentro dun cubo e éncheo con auga. O mellor é un cubo con tapa, xa que a fermentación das plantas pode producir olor desagradable. Debes remover a mezcla a diario e, tras 10 días, cando a fermentación termine, podes colar os restos sólidos e usar a agua para regar. Según o tipo de pranta que empregues, os nutrientes serán distintos. A ortiga, por exemplo, aportará nitróxeno e ferro, a consuelda é máis rica en potasio e o dente de león en calcio e magnesio

Posos de café: os nutrintes que aporta o café á terra son un excelente abono natural, aínda que é necesario aclarar que o abono de café sólo é indicado para prantas acidófilas, ou aquelas que requiren un solo ácido para o seu desenvolvemento óptimo: azalea, ciclamen, gardenia, hotensia, rosas… Para preparar un fertilizante caseiro a base dos posos de café, podemos diluir o poso da cafeteira nun litro de auga, deixalo reposar 24 horas e regar coa solución resultante.

COIDADO DA HORTA NO VERÁN

Aquí tendes a Lucrecia e a Julia coidando da nosa horta durante o verán

JULIA

LUCRECIA




















¡¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!

mércores, 21 de outubro de 2015

O ESPANTALLO DA NOSA HORTA

Benvidos a este novo curso 2015-2016!!!

Aquí vos deixamos as fotos do espantallo da nosa horta "Espanti" que no curso pasado fixo o alumnado de 1º e 2 de Primaria coas profes Concha e Sandra para coidar das legumes e hortalizas da nosa horta.


ALUMN@S DE 1ºE 2º ED. PRIMARIA CO NOSO ESPANTALLO "ESPANTI"


Mirade que chulo quedou!!

VISITA DOS MAIORES Á NOSA HORTA

Os maiores da residencia Casa Grande de Maside viñeron para axudarnos a iniciar a plantación na nosa horta














Grazas polos vosos bos consellos!!


VISITA DO IES VILAMARIN

O alumnado e profesorado do PCPI de Agrícolas do IES de Vilamarín viñeron de visita ao noso centro.


Coa súa colaboración preparamos o terreo da nosa horta para poder comezar a plantar
















Tamén rematamos a instalación e fixación ao solo dos nosos invernadeiros














Moitas grazas pola vosa axuda!!

ANÁLISE DA TERRA DA HORTA

O alumnado de 4º ESO coa colaboración da profe Ana Belén Vázquez na asignatura de Física e Química fixeron unha análise da terra da horta: pH, fósforo e nitróxeno.

Aquí tendes os resultados!!

 PH
É unha medida de acidez dunha solución, indica a concentración de Ións hidronio (H3O+) no solo. No noso horto determinamos que o solo ten un pH en torno a 6,5 polo que é un pouco ácido. 

FÓSFORO
A fertilidade dun solo no que a fósforo se refire, definiríase como a capacidade do solo de suministrar aos cultivos as cantidades que precisa nos momentos puntuais.
Os compoñentes do fósforo interveñen en funcións vitais para os seres vivos polo que está considerado como un elemento químico esencial.

NITRÓXENO
É un dos principais nutrintes nas plantas, na horta do colexio o nivel de nitróxeno é medio-baixo.  

Que podemos facer para correxir este niveis na nosa horta?


PH

Para correxir a acidez do solo é necesario engadir cal (encalado). Tradicionalmente en Galicia usan restos do mar como cunchas ou cascaras de ovos para mellorar acidez. Tamén se pode engadir xeso.
A Hortensia posúe flores rosas ou azuis dependendo da acidez do solo. Azuis para pH<7 e rosas para pH>7.


NITRÓXENO
Para previr e evitar a perda de nitróxeno ao minimizar a erosión podemos empregar plantas como a soia (soya) e o maní. O nitróxeno da atmosfera pódese recoller por acción dalgunhas plantas como as leguminosas (chícharos, xudías, lentellas, toxo...). Isto débese a que as bacterias simbióticas que viven unicamente nas raíces das leguminosas son capaces de converter o nitróxeno do aire nunha variación que é utilizable polas plantas.

Unha das mellores maneiras de aumentar os niveis de nitróxeno no chan é a través do uso de fertilizantes de esterco. Estes materiais son en xeral ricos en nitróxeno. O nitróxeno está presente nos residuos vexetais, pero debe sintetizarse co fin de ser utilizable por novas plantas.




xoves, 11 de xuño de 2015

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!!!

No noso cole sabemos a importancia que teñen as 3Rs no coidado do medio ambiente:
Reducir
Reutilizar
Reciclar!!!

Mirade que carteis mais chulos fixeron os alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria
para animar a tod@s a coidar do noso medio ambiente!!!


"Recicla"
Ivan e Pablo
5º Primaria
"Non contamines"
Nicolau, Daniela e Elsa
6º Primaria


"Non botar herbicidas"
Brais, Elena e Lucía
6º Primaria
"Pola conservación do medio"
Yamilé, Meadow e Antía
6º Primaria

"Cómo protexer os ecosistemas"
Paula e Candela
6º Primaria

"Utiliza insecticidas naturais"
Alba Glez, Alba Sotelo e Bryan
6º Primaria

"Deixade medrar os peixes"
Nair, Anxo e Alex
6º Primaria

"Como conservar o noso medio natural"
Laura, Yago e Sergio
6º Primaria

"Recicla"
Rita, Alberto e Kevin
6º Primaria


"Para reciclar e non contaminar"
Brais, Francisco, Álex e Dani
5º Primaria

"Axuda a coidar o planeta, só ti podes!"
Aroa, Uxía e Andrea
5º Primaria
"Recicla e o mundo será o teu amigo"
Nerea e Marta
5º Primaria

"Se xuntos reciclamos, o mundo salvamos"
Nhoa
5º Primaria