luns, 8 de xuño de 2015

ACTO DE AGRADECEMENTO

O CPI Terras de Maside organizou o pasado xoves 30 de outubro do 2014 unha xuntanza cos maiores da Residencia Casa Grande de Maside no noso centro educativo onde participaron 250 alumnos/as de Ed. Infantil, Primaria e Secundaria. 




O motivo era o agradecer a Julia, Lucrecia e Adelaida  o seu traballo coidando do noso horto escolar ecolóxico durante o verán. E por suposto de María José “a directora da residencia” que as subía en coche ata a horta tódolos días,  e ás educadoras sociales Bea e Sheila que colaboraron conxuntamente con elas.  












Tamen se agradeceu a colaboración do IES Vilamarín do PCPI de Agrícolas xa que a súa axuda na preparación do terreo foi fundamental.

Acudiu ao acto o Sr Alcalde Celso xa que o Concello de Maside cedeu o terreno para instalar o horto.
Sen a axuda de todos eles non sería posible que este proxecto medioambiental se levase a cabo e se puidera facer a colleita en setembro das hortalizas e froitas.

No acto presentouse un vídeo onde se podía ver a colaboración interxeracional de nenos, mozos e maiores cun obxectivo común: coidar do horto escolar do CPI Terras de Maside.  

Foi un acto moi emotivo onde o director Luis Veloso Rodríguez  fixo entrega duns agasallos como mostra de agradecemento. Estes agasallos foron elaborados polo alumnado coa colleita da horta: marmelada de pemento, salsa de tomates, uns doces e un portaretratos de recordo. 
Os nenos e nenas d Ed. Infantil acompañados das súas profes animaron o acto co baile “Miña abuela Manuela”.
Aproveitando a celebración do Samaín unha das colaboradoras do horto, Lucrecia,  obsequiou aos presentes coa lectura dunha lenda de medo. Logo fíxose entrega dos premios do concurso de decoración de cabazas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario