mércores, 21 de outubro de 2015

ANÁLISE DA TERRA DA HORTA

O alumnado de 4º ESO coa colaboración da profe Ana Belén Vázquez na asignatura de Física e Química fixeron unha análise da terra da horta: pH, fósforo e nitróxeno.

Aquí tendes os resultados!!

 PH
É unha medida de acidez dunha solución, indica a concentración de Ións hidronio (H3O+) no solo. No noso horto determinamos que o solo ten un pH en torno a 6,5 polo que é un pouco ácido. 

FÓSFORO
A fertilidade dun solo no que a fósforo se refire, definiríase como a capacidade do solo de suministrar aos cultivos as cantidades que precisa nos momentos puntuais.
Os compoñentes do fósforo interveñen en funcións vitais para os seres vivos polo que está considerado como un elemento químico esencial.

NITRÓXENO
É un dos principais nutrintes nas plantas, na horta do colexio o nivel de nitróxeno é medio-baixo.  

Que podemos facer para correxir este niveis na nosa horta?


PH

Para correxir a acidez do solo é necesario engadir cal (encalado). Tradicionalmente en Galicia usan restos do mar como cunchas ou cascaras de ovos para mellorar acidez. Tamén se pode engadir xeso.
A Hortensia posúe flores rosas ou azuis dependendo da acidez do solo. Azuis para pH<7 e rosas para pH>7.


NITRÓXENO
Para previr e evitar a perda de nitróxeno ao minimizar a erosión podemos empregar plantas como a soia (soya) e o maní. O nitróxeno da atmosfera pódese recoller por acción dalgunhas plantas como as leguminosas (chícharos, xudías, lentellas, toxo...). Isto débese a que as bacterias simbióticas que viven unicamente nas raíces das leguminosas son capaces de converter o nitróxeno do aire nunha variación que é utilizable polas plantas.

Unha das mellores maneiras de aumentar os niveis de nitróxeno no chan é a través do uso de fertilizantes de esterco. Estes materiais son en xeral ricos en nitróxeno. O nitróxeno está presente nos residuos vexetais, pero debe sintetizarse co fin de ser utilizable por novas plantas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario