martes, 3 de novembro de 2015

FERTILIZANTES ECOLÓXICOS

O alumnado de ESO coa axuda dos profes Enrique e Ana Belén fixéronnos as seguintes recomendacións de fertilizantes para conseguir que o noso horto sexa ecolóxico: 

Te de cáscara de plátano: Para aportar un extra de potasio as nosas plantas podemos ferver as cascas de 3-4 plátanos con xofre e usar a agua, unha vez fría e diluida, para regar as plantas.
Cinsa de madeira: as cinsas de madeira son ricas en potasio e en fósforo. O fósforo favorece a maduración de frores e froitos, ademáis de potenciar o seu perfume e dulzor. Ademáis a cinsa axuda a previr pragas. Preparar un fertilizante caseiro rico en fósforo é tan simple coma recoller a cinsa da madeira queimada e diluila en auga.

Esterco de polo: é un dos métodos máis tradicionais e moi efectivo polas suas grandes aportacions en nutrintes, especialmente nitróxeno. Para preparar un fertilizante líquido a base de esterco de polo, debemos colocar o estérco dentro dunha tea grosa e pechala, a modo de bolsa de te xigante. Deixamos reposar o esterco nun cubo con auga durante un ou dous días, exprimimos a agua da “bolsa” e coa auga do cubo regamos as plantas.
O mellor esterco é o de vaca.
A base de “malas herbas”: ¿Sabías que as malas herbas do xardín poden proporcionar bo alimento para as plantas? Coloca as herbas sobre unha tea (que servirá de coador) dentro dun cubo e éncheo con auga. O mellor é un cubo con tapa, xa que a fermentación das plantas pode producir olor desagradable. Debes remover a mezcla a diario e, tras 10 días, cando a fermentación termine, podes colar os restos sólidos e usar a agua para regar. Según o tipo de pranta que empregues, os nutrientes serán distintos. A ortiga, por exemplo, aportará nitróxeno e ferro, a consuelda é máis rica en potasio e o dente de león en calcio e magnesio

Posos de café: os nutrintes que aporta o café á terra son un excelente abono natural, aínda que é necesario aclarar que o abono de café sólo é indicado para prantas acidófilas, ou aquelas que requiren un solo ácido para o seu desenvolvemento óptimo: azalea, ciclamen, gardenia, hotensia, rosas… Para preparar un fertilizante caseiro a base dos posos de café, podemos diluir o poso da cafeteira nun litro de auga, deixalo reposar 24 horas e regar coa solución resultante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario