venres, 8 de xaneiro de 2016

NOVO VISITANTE NA HORTA!!

Menudo visitante temos no cole estes días....é o coello MANCHIÑAS!!!

Encántanos coidar del, acaricialo, pasealo...

el axudanos a coidar que non medren as malas herbas da nosa horta...


e daranos abono para que medren moito as nosas plantas!!!



Ademais coidar del implicará educar moitos valores:
  • Educar no respeto polo medio ambiente.
  • Desenvolver nos nen@s que os coidan un comportamento responsable e un sentido da empatía que axudará a que sexan conscientes de que estos seres, ó igual que eles, tamén teñen sentimentos e expresan dolor cando se lles fai dano e felicidade cando se lles quere.
  • Facilitar a socialización xa que nos permite coñecer novos amig@s, alivian o estrés e a ansiedade.
  • Crear unha fonte de cariño esgotable, e ó mesmo tempo, ensinan a expresar emocións tales como amor, entre outras. É unha ferramenta terapeutica moi boa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario