xoves, 12 de maio de 2016

PREPARAMOS OS SEMILLEIROS!!

Un semilleiro é a mellor maneira de protexer do frío as sementes, a xerminación e os primeiros momentos de desarollo das plantas. 


Cada aula que participa no proxecto da horta recibiu as sementes ou as plantas elexidas para preparar os seus semilleiros.


Pasos para preparar un semilleiro:
  1. Buscar un soporte onde meter as sementes: un vasiño de iogur, un semilleiro...
  2. Rellenar cun bo sustrato onde meter as sementes para que non careza de ningun nutrinte.
  3. Sementar 1 ou 2 sementes en cada un, e tapar ben co sustrato.
  4. Regar para asentar ben as sementes no sustrato.
  5. Poñer un cartel co que conten cada semilleiro.
  6. Colocar nunha zona onde teñamos bastante luz e boa temperatura (entre 15º- 20º)  que axudará na pronta xerminación. Non deben darlle directamente os raios de sol.
  7. Seguemento e espera. Debemos manter sempre húmido o semilleiro.
  8. Esperar a que as plantas collan un tamaño considerable para transplantar á horta.


Mirade que ben medran ó calor do invernadoiro





Ningún comentario:

Publicar un comentario