venres, 20 de maio de 2016

VISITA DO IES VILAMARÍN

O pasado xoves 28 de abril visitáronnos

os alumnos e profesores

do Ciclo medio de Agrícolas do IES de Vilamarín


O alumnado de Secundaria colaborarou con eles preparando o terreno onde poder cultivar as nosas hortalizas


  1. Limpamos de malas herbas e pedras o terreno.

  2. Retiramos as mangueiras do riego con coidado.
  3. Labramos a terra da  horta con sachos ou laias quitando as raíces que ian aparecendo.  
  4. Unha vez que a terra estaba labrada e preparada extendemos unha capa de 5-8cm de abono natural/compost uniformemente pola superficie.


  5. Logo enterramos o abono para ter unha terra fértil e aireada.



  6. Finalmente volvemos colocar a línea de riego por goteo.
  7. Colocamos as vallas para dividir as distintas parcelas:
Hortalizas de raíz (patacas. cenorias...)
Hortalizas de folla (leitugas, lombarda...)
Hortalizas de flor (xudías, chícharos...)
Hortalizas de froito (melón, sandía, tomates, pementos,..)
Zona de cultivos estables: Amorodos, framboesas e grosellas.


Esta división faise para levar a cabo unha ROTACIÓN DE CULTIVOS anual. É unha maneira moi sinxela de abonar o terreno xa que cada hortaliza aporta diferentes nutrintes.

Rotación de cultivos en el Huerto

O alumnado de Infantil e Primaria limpou as malas herbas nos arredores da horta.






Tamen nos axudaron na montaxe dun novo plástico para o invernadoiro, que rompera o vento no inverno.

MOITAS GRAZAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario